David Dealonso
David Dealonso

O mozo gondomareño “David Dealonso” resultou galardoado co segundo premio do concurso “ Xuventude crea” na especialidade musical cos seus temas “Somos” e “Curvas”.

O certame, organizado pola Consellería de Política Social, celebrouse o pasado 3 de novembro en Betanzos, sendo entregados os galardóns o 11 de decembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

David Dealonso:

David Dealonso é un proxecto que nace como resposta a unha necesidade creativa. As cancións enmarcan sentimentos, vivencias e idealizacións en primeira persoa.

Cunha carreira artística forxada noutros proxectos colectivos anteriores, Dealonso decide nestes intres optar por facelo en solitario só coa ambición de desfrutar e facer desfrutar.

O proxecto non repara nun tipo de música concreto pero focalízase nos concertos acústicos nos que combina cancións en galego, castelán e inglés.