Lirolai
O Grupo Lirolai

O grupo rosaleiro “Lirolai” presenta cun concerto o seu segundo traballo discográfico «De vila en vila», que terá lugar este domingo, ás 18:00 horas, no Auditorio do Rosal.

Para esta ocasión tan especial contarán coa presencia da Escola de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra e coa Coral San Telmo de Tui, que tamén participaron na elaboración do CD.