O pasado 26 de decembro, Tomiño celebrou o derradeiro pleno ordinario do ano. Nel debateuse o proxecto de orzamento municipal para 2020. O Grupo Socialista, trasladou a sua queixa ao considerar que “nestas datas, coa Interventora de vacacións e con moi pouco marxe para estudar a documentación polo miudo, este Goberno demostra ter moi pouco talante democrático e ninguna empatía coa Oposición”, sinalan dende o partido socialista.
O voto das Concelleiras Socialistas foi en contra destes orzamentos pois creen que están alterados ao incluir neles subvencións outorgadas pola Deputación de Pontevedra e Agader que suman perto de 500.000 euros. Polo tanto “consideramos que é irreal, continuista, non solidario e que fomenta a desigualdade entre os veciños dependendo de donde vivan”, indican.
“Os investimentos reais en servicios tan importantes como o saneamento ou o abastecemento de auga son claramente insuficientes e incoherentes coa defensa e posta en valor das traídas de augas, que os nacionalistas declaran na prensa”, apuntan.
“O noso convecemento é que non se trata de gañar una carreira para ver que concello aproba antes esta ferramenta, se non que ten que ser útil e dar respostas ás verdadeiras demandas da veciñanza”, afirman os socilistas.
As Concelleiras Socialistas votaron a favor da proposta de participación no pacto de Alcaldes e Alcaldesas polo clima e a enerxía e tamén, como non podía ser doutra maneira, na moción presentada polo Centro San Xerome Emiliani instando a Xunta de Galicia a que normalice a situación de dous usuarios.
No eido da Cultura, Violeta De Santiago e Mirta Misa apoiaron a colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e aproveitaron para voltar a pedir “que se achegue a cultura as parroquias, petición non atendida polo goberno do B.N.G., argumentando que a centralización é mais eficiente”, apuntan.