A parlamentaria socialista Leticia Gallego denunciou hoxe as condicións dos buses interurbano entre Vigo e Baiona, «onde a falta de sitio deixa moitos usuarios na parada en horas punta e obriga aos que poden acceder a manterse todo o traxecto de pé«, sinalan. Gallego presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Infraestruturas que poña buses de reforzo.
Gallego criticou que a única resposta do Goberno galego sexa apelar a que a frota dispón de seguro que cubra os danos dos viaxeiros. Sinalou que, por moito seguro que haxa, manterse en pé nos vehículos durante os 30 minutos de traxecto “non da seguridade nuns autobuses sen elementos de suxeición para dar estabilidade».
Apuntou que “a solución que ten que poñer a administración autonómica non é que as persoas viaxen de pé, senón reforzar as liñas con máis vehículos nas horas punta». Lembra que o Goberno galego é responsable de garantir o cumprimento das condicións do servizo por parte da empresa concesionaria.
Gallego puxo esta liña como mostra do “caos no que o Goberno galego está a converter este servizo en toda Galicia, con atrasos e reducións de frecuencias horarias, supresión de servizos sen aviso, falla de información dos horarios e falla de prazas nos vehículos». Advertiu que “nunca se cumpren os horarios, con atrasos dunha hora que fan que os rapaces cheguen tarde ás clases, e os traballadores cheguen tarde ao traballo sen que o goberno galego reaccione», finaliza.
