Así rematou a presentación da nova novela de aventuras e fantasía do escritor Fran Fernández Davila na nova biblioteca do Concello de Nigrán, xunto co alcalde Juan González e a directora comercial de Galaxia Tati Mancebo. O público encheu a sala e a libraría Paraisos de Papel esgotou os exemplares dispoñibles á venda.
O bosque do Duque s’Hertogenbosh, editada pola editorial Galaxia, irmanda o Val Miñor coa cidade neerlandesa de Den Bosh.
A novela calificada polos críticos literarios como unha chiscadela a historias como Harry Potter, Momo e os Goonies, é un libro de amizade, identidade e fortalezas.
Sabine é unha rapaza galega dos Países Baixos. Fala castelán e neerlandés e bota de menos Galicia, sobre todo as súas avoas. No seu décimo aniversario recibe un agasallo misterioso que lle abre as portas dunha grande aventura. Axudada polos seus amigos Wilko, Jeroen e Anja, Sabine loitará non só por salvar a vida, senón tamén os vínculos que a unen á súa orixe, descubrindo un conxunto de poderes que non sabía que tiña dentro.
A carreira literaria de Fran Fernández Davila é espléndida. Tras gañar o Premio de Novela da Voz de Galicia coa Senda de Sal, ambientada en Panxón, sumouse unha morea de premios tanto de poesía como en narrativa nas especialidades de novela, relato curto e microrrelato tanto en Galicia como noutras cidades de España e mesmo na Arxentina. No entorno local destácase o Premio Poesía Victoriano Taibo polo seu poemario Mover os Marcos en Gondomar.