ALFREDO // Caballos en el monte de A Valga (Oia)

O Instituo de Estudos Miñoráns, IEM, lanza un SOS para salvar os garranos, burras do monte, bestas ou cabalos salvaxes galegos en perigo de extinción no monte galego.

Para elo, solicitan a colaboración ciudadá con donativos para pagar os gastos de procedemento que se xegeren de presentar en Estrasburgo un recurso para que se recoñeza a singularidade destes animais e se faga un regulamento específico que os protexa e regule.

Comunicado do IEM:

Os garranos, burras do monte, bestas ou cabalos salvaxes galegos necesitan a túa axuda para salvarse, e polo que se queres colaborar podes aportar a cantidade que consideres nesta conta do Instituto de Estudos Miñoráns que colabora coa Coordenadora de Asociacións nas que están entre outras A rapa das bestas de Sabucedo, Asociación de propietarios de cabalos do monte da Groba, Asociación Lobo, Instituto de Estudos Miñoráns e SOS Groba, entre outras.

Nuns días temos que presentar en Estrasburgo un recurso para que se recoñeza a singularidade destes animais e se faga un regulamento específico que os protexa e regule, no que se contemplen tódolos valores naturais e culturais e se ordene a sua presenza nos seus hábitats tradicionais, así como as festas das rapas eos curros.

Necesitamos fondos para pagar os gastos de todo o procedemento que probabemente superen os 6.000 €, e polo que lanzamos este comunicado de petición de axuda.

Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

indicando SOS CABALOS SALVAXES GALEGOS.

Poderás seguir informado na páxina do IEM ou no blog do Proxecto equus

Os garranos, bestas, cabalos bravos ou burras do monte, denominacións que teñen dependendo do lugar de Galicia no que se atopen, están en perigo de extinción.

Dende unha coordinadora de asociacións na que están ecoloxistas, besteiros, naturalistas, asociacións de rapas e curros e científicos de varias universidades de Galicia, lanzamos unha chamada de socorro para tentar axudar a que este rico patrimonio natural e cultural de Galicia non desapareza dos nosos montes e serras.

Son moitas as accións que se están levando a cabo para tentar pór en valor este patrimonio, e dar a coñecer a realidade dun animal que só se coñece cando sae nos medios de comunicación por accidentes ou, agora no verán, cando a xente ve as fotos e imaxes das rapas e curros que hai por toda a nosa xeografía.

A pesares dos esforzos dalgúns grupos e asociacións que están traballando arreo para que estes animais non desaparezan, son moitas as dificultades e atrancos cos que se atopan. Un dos maiores e a falla dun recoñecemento específico da singularidadedestes animais e o seu valor como patrimonio natural e cultural, como probablemente os únicos cabalos xenuinamente salvaxes que quedan no mundo e o gran valor etnográfico das rapas e curros. Asemade os beneficios que a súa presenza supón para a biodiversidade e os ecosistemas nos que viven, nomeadamente a súa relación co dos lobos e as breceiras húmidas atlánticas, ámbolos dous ameazados.

O chamado Decreto equino 142/2012 do 14 de xuño, supuxo un dos maiores atrancos para a pervivencia destes animais salvaxes e as festas das rapas e curros, tratar os garranos como gando ou animais mostrencos, obrigar á súa identificación cun microchip e non recoñecer as súas singularidades que levan aparellado unha moi necesaria atención para non provocar o que no mundo dos ecosistemas supón a intervención da man do home con novas variables e controis desestabilizadores.

Recoñemos a necesidade de que se regulen e se controlen axeitadamente estes animais para minimizar accidentes e incidentes indesexables, pero sempre tendo en conta os seus valores e a necesidade da súa pervivencia nunha terra na que están ininterrumpidamente antes incluso que as poboacións humanas que despois os aproveitaron, primeiramente como pezas de caza para comer e despois como animais que domeados supuxeron un gran empurre na evolución social das poboacións , ao seren utilizados como animais de tiro, no transporte de mercadurías e de homes e a diario, carros nos exércitos e nas guerras . A dosmesticación dos garranos ou equus ferus atlanticus, axudou moito aos nosos antepasados na súa supervivencia e está recollido nos gravados rupestres, e na literatura épica dos romanos que nos visitaron, xa o aprezo que lle deron.

Tócanos agora tentar que se recoñezan estes valores e lograr que non desaparezan dos nosos montes, e que nun mundo e nunha paisaxe galega con profundas transformacións, sexa posible a pervivencia con outros usos e explotacións dos montes, sen entrar en colisión uns e outros intereses.

Agora mesmo temos a necesidade de pedir axuda para poder levar avante unha das dúas canles coas que estamos traballando para acadar o obxectivo de salvar os cabalos salvaxes galegos. A vía legal, coa derrogación do chamado decreto equino no que afecta aos garranos, e a vía da negociación coa Xunta de Galicia e de tódolos grupos parlamentarios para que se redacte un regulamento específico que recoñeza, regule e defenda aos garranos ou cabalos salvaxes de Galicia.

Na primeira das vías os nosos asesores legais dínos que debemos seguir ata o tribunal de Estrasburgo, onde probablemente se recoñezan os postulados que nós defendemos e que suporían un pulo para que fose máis doada a segunda vía, da redacción dunha lexislación específica .

O interese desta coordinadora só é o de que a maior brevidade (o tempo vai contra dos intereses dos garranos que cada día van a menos nos nosos montes) se atope unha solución, o que nos obriga a estar en frontes e batallas legais que non desexamos, mais que son necesarias para a defensa dos garranos.

Recurrir ao tribunal de Estrasburgo supón uns custos económicos, a maiores dos que xa se levan empregado noutros recursos, dos que non dispomos, e por iso que necesitamos a túa colaboración.