ALFREDO

Baixo o título de «Co mar de fondo», o pasado xoves 3 de novembro arrancaron os faladoiros do IEM coa presentación da revista mariñeira Nova Ardentía, da man de Helena Pousa, Antón Mascato e Emilio Ínsua.

O xoves 10 será o poeta, e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira o que nos traerá o seu libro Palmeiras, Piueiros para debullar o cerne dunha obra chea de arrecendo a mar e historias de resistencia e loita contra o esquecemento do noso ser e as nosas raizames. Será Xaquín Cadilla “O Balueiro”, tamén poeta e home de mar, o que nos presentará ao autor e a súa obra.

O día 24 volverá a ser Xaquín Cadilla, como presidente da asociación guardesa O Piueiro, o que nos falará da Talasonimia da costa da Guarda e de outros patrimonios inmateriais e materiais que levan recollido e estudado.

Tódolos faladoiros serán ás 20:00 horas no local do IEM.