Laroca C
CEDIDA // Laroca C

Este pasado sábado disputouse a oitava xornada da liga galega de xadrez con dúas vitorias, un empate e unha derrota para os laroqueiros.

Na primeira división, o Laroca A empatou na sede de Nigrán a dous puntos ante os ourensáns do Benchosey seniors, puntos conseguidos por Fran e as táboas de Tino e Sergio. Con este resultado, o equipo afiánzanse no quinto posto da xeral. A falta de tres xornadas pódese dicer que o obxectivo de manterse na categoría está cumprido. Este sábado desprazaránse a Vigo para enfrontarse Alekhine- Correduría Tempu.

Na segunda división, derrota do Laroca B ante os líderes da clasificación, o Mos A, por 4-0. Con este resultado os miñorans sitúanse na décima posición da clasificación e ocupando praza de descenso. Este sábado desprázanse a Mos para enfrontarse o Mos B.

Vitoria do Laroca C ante os tudense do Chiringo contos Tui por 3-1, puntos conseguidos pola vitorias de Chema e Carlos e as táboas de Tomás e Antonio. Con este resultado, os laroqueiros situanse na cuarta posición da clasificación.

Na terceira división, gran vitoria do Laroca Mallón-IES Auga da Laxe por 3-1, ante o Mos D, puntos logrados polas vitorias de Ricardo e Guillermo e as táboas de Ana e Mauro. Con está vitoria sitúanse líderes a falta dunha xornada con 25,5 puntos. A derradeira xornada desprazaránse a Mos para enfrontarse a Mos F.