Este pasado sábado celebrouse a novena xornada da liga galega de xadrez, na que o equipo do Laroca Mallón IES Auga da Laxe proclamouse campión do grupo K de terceira división gracias o triunfo conseguido ante o Mos F por 0-4 puntos logrados por Ricardo, Mauro, Guillermo e Laura. Os miñorans remataron a liga invictos con 7 vitorias e dous empates, e tres dos seus xogadores con 100% de vitorias.
Por outra banda, na primeira división, o Laroca A logrou o triunfo no seu desprazamento a Vigo para enfrontarse ó Alekhine-Correduria Tempupor 0,5-3,5 con puntos conseguidos polas vitorias de Mireya, Artai e Sergio e as táboas de Tino. Con esta vitoria os laroqueiros afianzanse na cuarta posición da clasificación con 21,5 puntos a falta de dúas xornadas para rematar a tempada.
O próximo sábado disputaran o encontro na sede de Mallón ante o Grupo Nores Xadrez Marín, que ocupa a sétima posición.
Na segunda división, derrota do Laroca B no seu desprazamento a Mos, para enfrontarse o Mos B por 3,5-0,5, medio punto conseguido por Araujo. Con este resultado complicasen moito a permanencia a falta de dúas xornadas para o remate da liga. O sabado toca intentar a remontada na sede de Mallón ante o Xadrez Albatros B.
Nesta mesma categoría, o Laroca C, tamén perdeu ante o Lucena XG, por 1,5-2,5, puntos conseguidos gracias a vitoria de Jorge e as táboas de Lino. Con este resultado sitúanse na sexta posición e garanten a permanencia na categoría a falta de dúas xornadas. O proximo encontro desprazanse a Vigo para enfrontarse o Mosefesa & the wailers.