Este sábado, unha vez rematados os campionatos galegos na localidade de Padrón, na que participaron 74 xadrecistas e na que os miñorans xogaron na categoría sub 16 con unha boa actuación en xeral, ocupando Artai Bringas a sétima posición, Mauro Sanromán o posto 18, Ricardo Fernández o posto 25, Guillermo Cousido o posto 28 e Ana Fernández o posto 55, celebrarase a derradeira xornada da liga galega de xadrez.

Na primeira división o equipo do Laroca A desprazase a Mondariz para enfrontarse o equipo do Xadrez Marcote- Hotel Cemar. Os laroqueiros, unha vez conseguido o obxectivo da permanencia intentaran manter a quinta posición da clasificación.

Na segunda división vai ser unha xornada de moitos nervios xa que xoganse duas prazas de descenso entre seis equipos no que está implicado o Laroca B que se despraza a Vilagarcía para enfrontarse o CXF- deportes Rodas, mentres que o laroca C xoga na sede de Cotros ante o Xadrez Altamira.