RUBENS // Museo do Mar de A Guarda

Once novos centros xa forman parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Nunha reunión do consello desta rede celebrada esta mañá no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), concluíuse a incorporación de dez museos galegos:

  • O Aquarium Finisterrae.
  • A Aula da Natureza de Cabo Udra.
  • O CEIDA.
  • O Centro de Interpretación do Litoral de Bueu.
  • La Conservería (Tenda Museo do Grupo Cerdeimar).
  • O Museo da Construcción Naval (Fundación EXPONAV).
  • O Museo do Encaixe de Camariñas.
  • O Museo do Mar da Guarda.
  • O Océano Surf Museo.
  • A Sala Museo Municipal de Riveira.

Ademais, deuse entrada por primeira vez a un centro asturiano: o Museo Marítimo de Asturias.

Con estas novas incorporacións, a rede acada os 27 membros: 25 espazos galegos, un museo asturiano e un museo portugués.

Proxecto Morada Atlántica

A rede REMA é un dos eixos vertebradores de Morada Atlántica, un proxecto colaborativo impulsado polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que inclúe entre os seus socios oito GALP de Portugal, tres de Andalucía e un procedente das Illas Canarias. O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).