Casa de la Navegación de Baiona

A Casa da Navegación de Baiona é o espazo que acollerá a inauguración de «O océano que nos une», a exposición itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Terá lugar o vindeiro xoves, 18 de xullo, a partir das 17:00 horas. Poderá visitarse ata o domingo, 28 de xullo..

Todos os asistentes poderán coñecer máis sobre esta rede de coñecemento así como o proxecto Morada Atlántica a través da presentación por parte do GALP Ría de Vigo – A Guarda. Ademais, contará coa participación de representación do Concello de Baiona. Este acto inclúe, así mesmo, unha visita guiada polos paneis que conforman a exposición.

A Rede REMA forma parte de Morada Atlántica, un proxecto de cooperación promovido polos oito GALP de Galicia. Entre os seus socios colaboradores atópanse oito grupos de acción costeira de Portugal, tres de Andalucía e un das Illas Canarias, todos indubidablemente ligados ao Océano Atlántico.

Na actualidade, constitúen esta rede de coñecemento quince espazos galegos e un museo portugués. O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).