O Paseo da Corredoira pecharase ao tráfico rodado e ao estacionamento durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto.

A medida comezará a aplicarse este sábado, 6 de xullo, e estará vixente até finais de agosto. Deste xeito os sábados dende ás 14:00 horas, e ata o domingo ás 00:00 horas, non se poderá estacionar nin circular no tramo do Paseo da Corredoira comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais.

Con esta medida de peonalización puntual búscase ampliar a área de paseo e lecer en pleno centro urbano, nunha zona moi frecuentada na época estival.

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración cidadá retirando os coches aparcados nesta zona antes do sábado ás 14:00 horas.