A pasada semana o acalde de Gondomar anunciou ós medios que a licitación da pasarela peonil sobre o río Zamáns demorárase debido a diversos requirimentos de Augas de Galicia que obrigara a modificar varias veces o proxectos de construción.

Dende os populares de Gondomar indican que a voceira do Partido Popular «volve a por en evidencia ó alcalde da vila Condal ó comprobar que a autorización de Augas de Galicia chegou ó concello o 14 de decembro de 2018, polo que Paco Ferreira tivo todo un ano para levar a cabo a referida obra».

Unha vez máis o alcalde volve a usar a mentira para xustificar a súa falta de previsión e as súas presas por facer obras que xa deberían estar rematadas fai algún tempo e que por falta de dedicación non se levaron a cabo. Parece que cantas máis persoas hai con dedicación menos se atenden as necesidades do concello”, sinala Paula Bouzós.

«Froito desta falta de previsión», apuntan, «atopámonos agora que este goberno con sete persoas con dedicación non foi quen de acordarse de solicitar unha prórroga da autorización de Augas de Galicia para facer a devandita obra, polo que o concello pode verse abocado a unha sanción polo organismo ó non ter rematado a obra en tempo e forma, xa que o venres pasado aínda estaban os operarios da empresa traballando na zona e a previsión apunta a que tardarán algún tempo en rematar as mesmas».

«Outro problema engadido é a garantía das obras que se están realizando a marcha forzada e que poden desencadear en algún problema de seguridade nun futuro. Este tipo de cousas se deben facer con todas as garantías sen ter que poñer en perigo ós futuros usuarios da pasarela», remata Bouzós.