RUBENS // Alameda de A Guarda

Segundo a voceira popular Conchi Ortega “as palmeiras mortas polas pragas como a do picudo vermello, presentan na actualidade un aspecto lamentable, e atópanse en total situación de abandono con perigo potencial das palmas que permanecen unidas ao tronco xa que en caso de temporal, que parece se aveciña, as palmas poderían voar e alcanzar a unha persoa ou un vehículo, provocando un serio accidente”.

Por este motivo veñen de presentar unha moción para o próximo pleno ordinario esixindo que o grupo de Goberno proceda á retirada inmediata dos espazos públicos das palmeiras afectadas, para evitar así o risco de accidentes.

Ademais O Partido Popular de A Guarda, denuncia que “a Fonte da Alameda, de dubidosa calidade funcional e estética, supón un potencial perigo para a xente que pasa ao seu carón e especialmente para os nenos que xogan neste lugar mui concorrido, por non dicir o único espazo de lecer que posúe a nosa vila“.