A presidenta e portavoz do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós, tilda de lamentable e perxudicial para os veciños de Gondomar que o goberno do concello siga retrasando a apertura do novo Centro de Saúde de Gondomar, que xa está preparado dende primeiros de ano para recibir aos primeiros pacientes, unha vez que terminaron as obras que lle correspondían ao Servizo Gallego de Saúde (Sergas).

A apertura formal das instalacións só depende de que o Concello faga as actuacións que lle corresponden segundo o convenio subscrito co Sergas.

A nova infraestrutura sanitaria levántase sobre unha parcela de 4.974 m2 cedida polo Concello de Gondomar ao Servizo Galego de Saúde e conta cunha superficie construída de 1.611,20 m2, o que supón un incremento de 990,2 m2, un 159,45% máis respecto ao espazo do que se dispón ata agora.

A apertura no novo centro de saúde só depende xa dos trámites que teñen que realizar outras administracións. “Por parte do Sergas está todo listo para que o centro poda funcionar canto antes”, sinalou o conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, tras realizar un percorrido polas instalacións.

O inmoble divídese en áreas funcionais, con división lonxitudinal en dúas bandas, unha orientada sempre cara o patio, que enlaza todas as áreas públicas de espera e circulación, mentres que a outra crea un anelo de carácter especializado de atención personalizada ou servizos específicos.

O novo centro de saúde de Gondomar atenderá a unha poboación de 10.615 tarxetas sanitarias, das que 1.178 son menores de 15 anos. A construción desta nova infraestrutura da rede sanitaria pública galega permitiralles tanto aos profesionais como aos pacientes e usuarios dispoñer dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, e que dará mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste Concello.

Recorda a portavoz do PP gondomareño que o actual centro de saúde atopase totalmente saturado e con deficiencias na sua estructura que deberán ser reparadas antes de darlle un novo uso, unha vez que se trasladen os servicios sanitarios ó novo edificio.