O Partido Popular de Gondomar critica a situación na que deixaron esta fin de semana os operarios que estiveron traballando no parque da Coelleira na construción do nacemento vivinte. A voceira do PP gondomareño quere deixar claro que está a prol de esta actividade como un acto máis de engrandecemento das festas do Nadal e que redunda na dinamización económica do pobo.
Logo das denuncias de varios veciños, a voceira Paula Bouzós puido comprobar como durante esta fin de semana quedaron moitos materiais esparexidos polo parque da Coelleira, «co conseguinte perigo que isto supón para os usuarios do parque, en especial os cativos. Pido ós responsables do concello que fagan algún tipo de control as actividades que realizan para evitar este tipo de situacións«, sinala.
Agradece ó mesmo tempo a colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar na representación do nacemento vivinte coa achega dos actores e a posta en escena do mesmo, como veñen facendo dende hai moitos anos.
“Non se entende que un goberno con sete concelleiros con dedicación que se permita que este tipo de situación se veñan repetindo actuación sobre actuación. Isto é froito das presas e falta de organización ás que o concello nos está mal acostumando. Pido o alcalde que faga un control mais exhaustivo das obras que realiza para evitar calquera desgracia”, acaba decindo Paula Bouzós, voceira de Partido Popular de Gondomar.