feijóo
Alberto Núñez Feijóo e Paula Bouzós

O pasado 10 de outubro o secretario xeral Alfonso Rueda e o coordinador da zona Jesús Vázquez Almuíña, nunha xuntanza coa executiva local do Partido Popular deron a coñecer o nome da persoa elixida para encabezar a candidatura en Gondomar, cargo que recaeu en Paula Bouzós Barros presidenta actual do partido.

Para reafirmar este nomeamento, este sábado farase presentación oficial ós veciños da candidata do Partido Popular de Gondomar ás vindeiras eleccións locais de maio de 2019. O acto contará coa presenza do presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo e o secretario xeral do partido Alfonso Rueda Valenzuela. O acto se desenrolará no auditorio municipal “Lois Tobío” e dará comezo as 13:00 horas.

Paula Bouzós Barros naceu en 1974 na parroquia de Vilaza, é técnico especialista administrativo e de contabilidade. Está vinculada ao PP dende fai mais de quince anos, e dende 2017 é a presidenta local do partido. En 2007 comezou a formar parte das candidaturas municipais, e entre 2011 e 2015 foi concelleira delegada de Educación, Turismo, Sanidade, Comercio e Industria de Gondomar. A nivel municipal, tamén colaborou activamente con clubs e asociacións locais, como por exemplo a comisión de festas ou a Asociación de Veciños da súa parroquia.