Paula Brouzós
Paula Bouzós,

O Partido Popular de Gondomar presentou onte por rexistro ó goberno municipal unha serie de accións que considera necesarias para que os veciños poidan afrontar os problemas da pandemia que estamos padecendo. Esta nova proposta ven a complementar a que xa fixeron o pasado 22 de marzo coa finalidade de garantir na medida do posible a saúde pública, rebaixar ata deter a propagación do virus, así como medidas no eido da economía tanto das familias como das empresas e autónomos.

Queren deixar patente o apoio a cantas iniciativas xurdan do goberno municipal neste eido e piden que na medida do posible se apliquen as que os diferentes grupos municipais veñen presentando, xa que consideran que calquera iniciativa que se faga para frear os efectos desta pandemia debe ser benvida. “O Partido Popular de Gondomar vai apoiar todas as medidas que o goberno municipal adopte e todos os seus concelleiros seguen estando á enteira disposición do goberno municipal para calquera cometido que consideren oportuno, tan só teñen que chamar e ó instante estaremos dispoñibles”, insiste Paula Bouzós, voceira do PP gondomareño

O mesmo tempo a voceira do PP de Gondomar suxire ao Sr. Alcalde que volva a activar a canle de comunicación que iniciou o pasado 24 de marzo, e que non tivo continuidade, ó contrario do que anunciou aos voceiros de todos os partidos políticos do concello, co fin de ser informados da situación dos veciños e poder facer achegas que se crean convenientes.

No primeiro escrito presentado o pasado 22 de marzo o Partido Popular propuña ó goberno municipal dotar mais teléfonos de contacto cos veciños, a ampliación das desinfeccións aos colexios públicos, edificios municipais locais de asociacións e zonas

de actividade comercial; a paralización de todas as obras municipais que non fosen urxentes, peche de cemiterios. Tamén se instaba a dotar de medios de prevención a todas as persoas que tivesen que traballar no concello, a creación dun grupo de voluntarios, articular medidas de axudas e asesoramento aos comerciantes e dotar un fondo para axuda a familias necesitadas.

Neste segundo escrito se propón a supresión e devolución de oficio das taxas das actividades municipais polas actividades que non se puideron realizar durante o tempo no que se atopen suspendidas, a creación dunha liña de axudas para os autónomos que se viron obrigados a paralizar a súa actividade, a devolución de oficio da parte proporcional das taxas vinculadas ás actividades económicas, a aplicación dunha moratoria ata o mes de setembro no pago de taxas e tributos que estiveran pendentes de pago ou en período voluntario dende a declaración de alarma sanitaria, bonificación dos impostos do IAE e do IBI, suspensión da taxa de axuda no fogar durante a pandemia, o precintado de todas as fontes públicas e pulsadores de auga potable, a creación dun servizo municipal de información e asesoramento a autónomos e comerciantes sobre as axudas e medidas económicas decretadas polos organismos públicos (Deputación, Xunta de Galicia e Estado) e a difusión mediante anuncios visibles dos teléfonos de utilidade durante a pandemia do Covid-19.

Tamén propoñen que se poña en marcha un servizo gratuíto para a descarga e impresión das tarefas escolares a aquelas familias que non o poidan facer nos seus propios domicilios, debido as tarefas que os centros educativos están remitindo ó seu alumnado. As copias serían entregadas no domicilio do alumno, para evitar que teñan que saír da casa, pudendo usar para este cometido aos taxistas co concello, a creación dunha aplicación gratuíta para que o nenos das escolas deportivas e os maiores de ximnasia poidan realizar exercicios nas súas casas, e un convenio cos taxistas de Gondomar para o servizo de axuda a persoas dependentes ou de especial vulnerabilidade durante a situación de alarma para a achega aos domicilios de alimentos, medicinas e produtos de primeira necesidade.

Estamos seguros de que esta pandemia a pararemos entre todos, e pido aos veciños que na medida do posible se queden na casa” remata dicindo a voceira do Partido Popular de Gondomar.