A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar presenta o programa de ocio para este verán, con actividades que van dos seis anos en diante. Unha aposta polo ocio activo, creativo e enxeñoso.
A programación arranca cun obradoiro de cociña para o día 30 de xuño, levado a cabo por Paloma (semifinalista) de Masterchef 4 (7-14 anos).
Seguirán unhas rutas de sendeirismo; o 3 de xullo “Ruta das Ánimas”; 4 de xullo “Ruta do Río Miñor”; e o 5 de xullo “ Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte”. O Obradoiro de Emprego Valiemprego III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o patrimonio natural da vila Condal. Vai dirixido para nenos de 7 anos en diante e poden participar os pais.
Do 15-19 de xullo, se dará paso a expresión musical coa iniciación á batería, dirixida para mozos de 8-14 anos. Do 22-26 de xullo CreaCancións, os mozos de 9 a 16 anos que participen adquirirán coñecementos para compor cancións de diferentes estilos musicais.
Do 1-14 de agosto terá lugar a expresión artística co obradorio “Construíndo Arte”, orientado as idades de 6 a 13 anos. Darán renda solta a súa creatividade a través da expresión plástica, escultura, teatro, debuxo.
A actividade estrela deste verán na que o enxeño e valor ambiental van unidos será ECOBOX, a primeira sala de escapismo móbil de Galicia en Gondomar. Hai 30m para saír da sala. Esta actividade tomará Gondomar do 2 ao 16 de agosto en horarios de tarde-noite e partir de 16 anos en diante. O participante ten que buscar un grupo de entre 2 e 5 participantes e inscribirte.
Para participar nestas actividades hai que inscribirte presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986.369.746, dende o 3 de xuño ata completar aforo en cada unha de elas.