tecendo lazos

O programa “Tecendo Lazos 2018” chega este luns a Baiona co obxecto de fomentar un espazo de encontro entre distintas xeracións para que así poidan, ao tempo que aprenden dunha temática nova, intercambiar aprendizaxes, recursos e ideas.

Máis polo miúdo, o obradoiro de “Patchwork” vaise desenvolver no Centro Multiusos Ángel Bedriñana da vila do Val Miñor e nel participarán 37 persoas da vila. Este obradoiro celebrarase o luns, mércores e venres ata o 19 de decembro.