Cabaleiro
ALFREDO // Enrique Cabaleiro.

«Os socialistas non saimos do seu asombro tras o acontecido este mércores fronte ás portas do Ministerio de Política Territorial«, afirma Enrique Cabaleiro, secretario xeral da agrupación, que cree que Padín busca “tapar a denuncia contra él da Fiscalía” por non cumprir coa orde de derribo que pesaba sobre o almacén pirotécnico.

Desde aquí exíxolle ao alcalde que se deixe de espectáculos e atenda as súas funcións”, declara Cabaleiro. O socialista fai estas declaracións en referencia á “performane que Padín protagonizou onte” en Madrid, cando se plantou cun saco cheo de escombros fronte ao Ministerio que dirixe Meritxell Batet.

Mentres se dedica a este folclore descoida tramitar outras subvencións, como a do Plan Huber da Xunta, que poderían ter suposto preto de 400.000 euros destinados a urbanizar Paramos, e que non foi concedida por non ter remitido o Concello ningún proxecto nin expediente”, denuncia.

Asemade, Cabaleiro quere lembrar que o Goberno de Sáchez mostrouse comprensivo coa vila. “O Executivo comprometeuse con Tui e coa súa veciñanza: declarou a zona como catastrófica en tempo récord e conseguiu que as axudas aos afectados non tributen polo IRPF. Ahora están traballando no protocolo para que comecen as tarefas de rebo”, asegura o secretario xeral tudense.