O Comité Provincial do PSdeG aprobou por unanimidade a proposta da candidatura socialista ás Eleccións Autonómicas do próximo 18 de febreiro. Unha proposta, en palabras do secretario xeral socialista da provincia, David Regades, “moi potente, recoñecible, representativa da provincia máis socialista de Galicia e configurada con persoas dun alto perfil político, con experiencia na xestión e pensada para traballar por esta provincia e por Galicia dende o Goberno da Xunta”.

A candidatura, composta por 22 titulares e cinco suplentes, está encabezada por unha muller, pola ex-ministra Elena Espinosa e polo concelleiro vigués e deputado Carlos Font. A continuación figuran Paloma Castro, Xulio Torrado e Leticia Gallego, que repiten na candidatura socialista achegando a experiencia acumulada no Parlamento galego. O sexto posto é para o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña e a continuación figuran Ana Costas, da agrupación de Vigo, e Delfín Domínguez, concelleiro en Ponteareas.

A proposta do Comité Provincial de Pontevedra xa foi elevada ao Comité Nacional de Listas e será aprobada, mañá, día 9, polo Comité Nacional antes de trasladala ao Comité Federal para a aprobación definitiva. De acordo co calendario electoral será rexistrada diante da Xunta Electoral Provincial antes do próximo día 15.

David Regades agradeceu a implicación da militancia e das agrupacións locais socialistas facendo chegar as súas propostas de integrantes para a elaboración da candidatura, un proceso que demostrativo da democracia interna do partido e do capital humano do PSdeG-PSOE. “O resultado é que o Partido Socialista vai poñer ao dispor dos electores e electoras desta provincia unha papeleta representativa da sociedade e recoñecible tanto polas caras como polo proxecto e configurada mesturando experiencia e renovación co obxectivo de impulsar ao futuro Goberno galego, o que terá que afrontar as grandes reformas que Galicia ten pendentes dende hai 14 anos”.

O secretario xeral destacou que a provincia de Pontevedra volverá ser decisiva para o cambio na Xunta “demostrando a forza do socialismo neste territorio”, como sucede en tódalas citas electorais. “O PSdeG-PSOE é a única opción para un bo goberno en Galicia e esta proposta vai ter un fantástico resultado para facer a José Ramón Gómez Besteiro presidente”.

Regades recalca que hai un desexo maioritario de cambio na sociedade para acabar coa inacción do Partido Popular, que se limita a derivalo todo aos concellos ou ao Estado, sempre buscando a confrontación en lugar da cooperación institucional. Un “manual de estilo” do que as galegas e galegos xa están fartos, como o están tamén do nivel de deterioro ao que o Partido Popular levou os principais servizos públicos.

A candidatura ao completo está integrada polas seguintes persoas:

  1. Elena Espinosa Mangana (Vigo).
  2. Carlos López Font (Vigo).
  3. Paloma Castro Rey (Pontevedra).
  4. Xulio Torrado Quintela (Vilagarcía).
  5. Leticia Gallego Sanromán (Vigo).
  6. Manuel Cuíña Fernández (Silleda).
  7. Ana Costas Fernández (Vigo).
  8. Delfín Domínguez Cerdeira (Ponteareas).
  9. María Luisa Pierres López (Pontevedra).
  • Manuel Pazos Lamoso (Marín).
  • Fátima Rodríguez Marcos (A Guarda).
  • Sergio Gude Alén (Xuventudes Socialistas)
  • Milagros Martínez Piñeiro (Cambados).
  • Daniel Ricart Alonso (Vigo).
  • Olga María García Ballesteros (Redondela).
  • Pedro Hermida Paredes (Pontevedra).
  • Lorena Durán Bello (Cerdedo-Cotobade).
  • José Luis Poceiro Martínez (Vilaboa).
  • Sheila Ferreira Cobas (Vilanova).
  • Amadeo Cuñas Insua (Pontevedra).
  • Rihanna Currás Fernández (Xuventudes Socialistas).
  • José Sanmartín Soto (Barro).

Como suplentes figuran:

  • Mario López González (Lalín).
  • Pablo Portas Ucha (Meaño).
  • Manoel Loureiro Adán (Pontevedra).
  • Milagros Lores Torres (Pontevedra).