PSOE da Guarda

Segundo o o grupo socialistas da Guarda, estes días moitos veciños da vila están recibindo notificacións firmadas polo alcalde que os informa da súa obriga de facer a limpeza das súas fincas, «expoñéndose de non facelo a multas de entre 1.000 e 100.000€».

Afirman que estas notificacións deberían ter sido enviadas de forma paulatina (non as máis de 3.000 ao mesmo tempo), e sobre todo antes do verán, «xa que o obxectivo deste control é a prevención de incendios, para o que as fincas deberían estar limpas antes dos meses de máis calor».

«Para colmo, -din- as notificacións están enviándose de forma indiscriminada a todas as persoas propietarias de fincas nas franxas sensibles. Varios veciños e veciñas informáronnos de que, a pesares de ter limpas as súas propiedades, tiveran recibido igualmente as notificacións».

Nesas notificacións, aseguran os socialistas, «obrígase á limpeza das fincas baseándose en inspeccións realizadas durante o ano pasado…é dicir, envían avisos tomando como referencia inspeccións feitas fai máis de 6 meses?».

Dende o PSdG-PSOE se preguntan, «Cómo pensa Roberto Carrero que a veciñanza vai a facer fronte a limpeza de todas esas fincas?. Nalgunhas delas non basta con que o propio veciño ou veciña acuda cunha desbrozadora, xa que hai que retirar acacias e outras especies arbóreas prohibidas, o que require na maior parte dos casos da contratación de empresas especializadas».

Matizan que non existen na zona do Baixo Miño, e ata Vigo, tantas empresas que poidan facer todo ese traballo nos 15 días que o Concello fixa de prazo máximo.

«Cando a xente acude ao Concello a informarse danlles como resposta que o tema é cousa da Xunta, pero sen embargo vemos que noutros concellos limítrofes non se están enviando este tipo de notificacións masivas e indiscriminadas, así que, por que na Guarda si?», indican.

Rematan afirmando que «estamos por tanto ante outra mostra da falla de planificación, e das chapuceiras formas de actuar deste equipo de goberno, pero sobre todo da pouca empatía que Roberto Carrero e o seu equipo teñen pola veciñanza guardesa».