ALFREDO

O mes pasado, como consecuencia do temporal, unha parte do valado que rodea o Campo do Aral caeu abaixo. Xa tendo constancia do deterioro, o anterior equipo de goberno acadou unha subvención da Xunta de Galicia de 38.242,32€.

«No anterior pleno preguntamos pola xestión de eses fondos. A resposta foi que hai máis cousas que facer no Aral e van a rexeitar os cartos«, aseguran desde o grupo socialista.

«Mentres tanto, centos de familias pasan por ese espazo deteriorado, entre os que tamén se atopa a grada cuberta, sen que o Concello aporte unha solución e tire os cartos ao lixo por non habelos conseguido eles«, comentan.

Apuntan que «aínda que non cheguen para todo o lóxico sería inverter os cartos nos espazos que máis o precisen. Pola contra, catro meses despois o goberno actual rexeita unha subvención socialista e evita dicir que a súa desidia é a única responsable de que aínda non comezasen as obras de reparación».