Na pasada sesión Plenaria celebrada o 29 de setembro en Tomiño, foi aprobada coa maioría absoluta do BNG o punto na orde do día «ratificación acordo aprobación convenio de cooperación entre a Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Tomiño polo que se regula a encomenda de xestión do servizo de vixilancia e inspección en materia de residuos».
As socialistas de Tomiño critican que «unha vez máis, volta a ser aprobada unha cuestión que afecta directamente a comerciantes e usuarios particulares de costas aos mesmos, pois a día de hoxe, nin o pequeno comercio nin a veciñanza son coñecedoras desta nova».
«Na práctica supón un servizo de vixilancia e inspección, e en caso de non cumprir á nova lexislación, seremos obxecto de sanción», din as socialistas.
A súa voceira, Violeta de Santiago, expuxo que «é inaceptable traer este convenio ao Pleno, sen ter redactada a ordenanza municipal que regule esta nova situación e que fóra traída dous meses despois da data límite para adherirse».
De Santiago preguntou si o Concello é coñecedor da situación real da xestión do lixo polos comerciantes de Tomiño, se se realizou algún estudo ó respecto, si o Concello está disposto a crear un Punto Limpo ou se se vai proceder a colocación de máis contedores amarelos. «O Concello está en disposición de favorecer a recollida de metais e de lixo electrónico?. As grandes empresas tamén van ser vixiadas e inspeccionadas?. Vai ser o Concello quen proporcione os medios para poder reciclar ou será o propio comercio quen este obrigado a contratar empresas que xestionen os seus residuos cando están pagando un recibo moi alto por un servizo que, en verbas do propio goberno nacionalista, é un despiporre?», preguntou De Santiago.
«A todas estas cuestións, o voceiro do Bloque manifestou que non podía darlle resposta, porque descoñece os pormenores. É decir, non sabe, non contesta», matiza a voceira socialista.
«Polo tanto, o Goberno nacionalista leva ó Pleno, e aproba en solitario, un punto na orde do día que afecta a toda a veciñanza pero non pode nin sabe responder ás dúbidas previdas pola voceira socialista. E o que é peor, outra vez pola calada, sen ningunha información nin a transparencia que o pobo merece», remata.
