O PSOE de Tui comunica que celebrará a presentación da súa candidatura ás eleccións municipais o vindeiro venres, día 3 de maio, ás 20:30 horas no Hotel Colón.
Encabezará a lista o ex Alcalde Enrique Cabaleiro ao que acompañarán a ex Concelleira de Urbanismo e Facenda Yolanda Rodriguez no número 2, no número 3 da lista, incorpórase Rafael Estévez Martínez, autónomo da parroquia de Guillarei, no 4 repetirá o exConcellero de Seguridade e Persoal José Ramón Magán e no número 5 repite tamén a Secretaria de Organización, Sonsoles Vicente.
Xa a seguir no 6 Ana Núñez responsable de Emprego e Formación na Executiva dos socialistas tudenses, Ismael Diz responsable de Medio Rural, unha nova incorporación, neste caso Javier Rodríguez no número 8 como representante da parroquia de Rebordáns, no 9 Vanesa González Núnes, responsable de Cultura e exVocal da Entidade Menor de Pazos de Reis e Paula Estévez Pérez no 10, tamén representante de Rebordáns.
Diego Piña Esteves, Presidente do Clube Kayak Tudense ocupa o posto 11, o neurólogo José Luís Maciñeiras Montero ex Concelleiro na lexislatura 2011-2015, no posto 12, no 13 hai unha nova incorporación representando a parroquia de Ribadelouro, David Rodríguez Villaverde, tamén no posto 14 se produce unha nova incorporación, nese caso Alicia González pola parroquia de Malvas e repite no 15 Lucía Álvarez Gómez coma representante tamén da parroquia de Guillarei. Finalmente no posto 16 incorpórase Manuel Fernández, histórico pedáneo da parroquia de Paramos, outra cara nova coma segunda representante da parroquia de Ribadelouro, Carmen Rodríguez e Antonio Costas coma candidato de Pexegueiro.
Coma candidata do PSdeG_PSOE de Tui á Entidade Menor de Pazos de Reis, concurrirá Beatriz Bouzón.
Na configuración da lista mestúrase a continuidade dos membros do anterior Grupo Municipal que tiveron responsabilidades de Goberno ata a moción de censura, con novas incorporacións sobor de todo nas parroquias cara a reforzar o medio rural na candidatura.
Candidatura municipais 2019
- ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ………………………………………… Randufe
- YOLANDA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ ……………………………….. Tui
- RAFAEL ESTÉVEZ MARTÍNEZ ……………………………………………Guillarei
- JOSÉ RAMÓN MAGÁN RIVERA …………………………………… Tui
- SONSOLES VICENTE SOLLA ………………………………………………… Tui
- ANA NÚÑEZ ÁLVAREZ ………………………………………………………… Caldelas
- ISMAEL DIZ GARRIDO ……………………………………………………………. Areas
- JAVIER RODRÍGUEZ GÓMEZ ……………………………………………………..Rebordáns
- VANESA GÓMEZ NUNES …………………………………………………… Pazos de Reis
- PAULA ESTÉVEZ PÉREZ ……………………………………………………. Rebordáns
- DIEGO PIÑA ESTEVES …………………………………………………………………..Tui
- JOSÉ LUÍS MACIÑEIRAS MONTERO…………………………………………..Randufe
- DAVIDRODRÍGUEZ VILLAVERDE ……………………………………..Ribadelouro
- ALICIA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ ………………………………………………Malvas
- LUCÍA ÁLVAREZ GÓMEZ…………………………………………………………Guillarei
- MANUEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ ………………………………………….Paramos
- CARMEN RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ …………………………………….Ribadelouro
- ANTONIO COSTAS …………………………………………………………….Pexegueiro
- CARMEN PAULA GÓMEZ PÉREZ ……………………………………………. Caldelas
- MATILDE RODRÍGUEZ RUIZ …………………………………………………. Caldelas
- EULOGIO PARDO LORENZO ………………………………………………… Tui
- MARÍA BEATRIZ BOUZÓN LORENZO ……… Entidade Menor Pazos de Reis.