O PSOE do Porriño denuncia «a escandalosa inacción do Goberno do PP tras o caso da sinatura dun falecido, nun expediente de alta dun viario público que beneficiaba a un concelleiro do PP».

Pasaron máis de cinco días dende que os socialistas «destapamos estas presuntas falsidade documental e usurpación de estado civil, e nin o alcalde nin os concelleiros implicados, deron explicacións, dimitiron ou foron cesados», apuntan.

A agrupación socialista sostén que non é posible que unha persoa falecida no 2011, «asine un documento en 2025 e que se admita«. Pero o que é aínda máis grave -din- «é o silencio cómplice dos compañeiros do PP, que non saen a defender a inocencia dos seus, deixa claro que este Goberno está podrido por dentro». Afirman que os veciños queren respostas ante este nivel de baixeza, non que se trata de colar o asunto como quen non quere a cousa, «para beneficio persoal dun concelleiro do PP».

Por iso, dende o PSdeG-PSOE do Porriño «esiximos a dimisión inmediata dos concelleiros de Urbanismo e Vías e Obras, Antía Carrera e Ramón Porto, respectivamente, ou o seu cese urxente polo alcalde. Este mutismo colectivo é unha proba de camaradería que ofende á cidadanía. Se non hai resposta en 48 horas, levaremos o caso á Fiscalía. Os socialistas non toleraremos esta impunidade”, remata David Alonso.