A Gata con Zocos
A Gata con Zocos

A comedia musical «A Gata con Zocos» recalará no Rosal o vindeiro domingo no Auditorio Municipal, ás 17:00 horas.

Esta novidosa proposta escénica que conxuga música, teatro e monicreques sobre o escenario foi posta en marcha pola compañía de teatro «A Cova das Letras», e dende a súa exitosa estrea, fai agora un ano, leva percorrido moitos puntos da xeografía galega.

Cristina Collazo, actriz e directora da obra e os títeres de Anxo García estarán acompañados pola banda da Agrupación Musical do Rosal, que interpretará a composición musical de Manuel Paino para esta peza, unha adaptación do clásico “O Gato con Botas”.

A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse de maneira anticipada na oficina da Agrupación Musical do Rosal (Auditorio do Rosal – Porta Lateral).