Esta fin de Semana celebráronse no Rosal as Festas do Pilar e do Cabaqueiro. Ata a praza do Calvario achegouse numeroso público de toda a contorna para desfrutar de toda a programación, que foi ampla e variada, con música, recoñecemento Cabaqueiros, exposicións e baile.

Os festexos iniciaronse o venres con música a cargo das actuacións de “Andhrea and The Black Cats” e “Os Residuos Atractivas”.

O Sábado pola mañá actuou á Coral da Agrupación e á Banda do Rosal e pola tarde contouse coa actuación de “Trío Refugallo”, na que participaron os máis cativos.

Seguidamente, se gozou dun emotivo recoñecemento ós cabaqueiros e rematouse a xornada cun gran Concerto da banda da Agrupación Musical do Rosal con Suso Vaamonde que superou calquera expectativa de asistencia.

Por último, o domingo finalizouse cunha fin de semana chea de eventos, como o Festival Folclore no Camiño, no que se poído desfrutar do baile que une a ambas beiras do Río Miño.