Como cada ano, o Concello do Rosal realiza diferentes actividades para os case 100 nenos que participan nos campamentos de verán que se organizan na vila do Baixo Miño.
Estas actividades foron as seguintes:
Curso de 1º auxilios para nenos
O xoves 4, martes 9 e xoves 11 de xullo, leváronse a cabo os cursos de primeiros auxilios cos nenos do UD Ribera, do Acanor Novás de balonmán e co campamento do concello.
Nestes cursos, impartidos por duas voluntarias, tratáronse temas de como actuar con rapidez mantendo a calma, a notificación aos servizos sanitarios, tranquilizar ao ferido, e posicionamento da persoa accidentada.
Os lugares elixidos para as demostracións foron,as inmediacións das Aceñas para o UD Ribera, o Pavillón Municipal no caso do Novás e a unitaria de Marzán para os nenos do campamentos de verán do concello.
III Xornada de integración coa asociación Vontade
O mércores 10 de xullo a Asociación Vontade levou a cabo a III Xornada de Integración. Nesta ocasión, a asociación organizou unha xincana de obstáculos co obxectivo de ensinar os nenos de forma moi sinxela que as discapacidades existen e cómo convivir con elas e integralas.
Obradoiro de igualdade e corresponsabilidade
O mércores 3 de xullo, os nenos do Novás participaron nun obradoiro de Igualdade e corresponsabilidade onde trataron os temas das tarefas do fogar e visiulazaron o que supón a carga do traballo doméstico por parte das mulleres e que en ocasións non é compartido polo resto da unidade familiar.