Esta mañá presentouse na taberna o «Lagar», en Eiras, a XXVII Feira do Viño do Rosal. O acto contou ca intervención da alcaldesa da vila, Ánxela Fernández, e de Enrique Costas, Confrade fundador da Confraría de 
Cabaqueiros do Viño do Rosal. Na mesma tamen estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, e representantes das diferentes adegas e participantes na feira deste ano.

A feira celebrarase os días 12, 13 e 14 de xullo na Praza do Calvario reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

  • Pedregales
  • Gaudila
  • Altos de Torona
  • Gran Novás
  • Quinta Couselo
  • Santiago Ruiz
  • Lagar de Cervera
  • Valmiñor
  • Terras Gauda
  • O Aforado
  • A Rosaleira; productos vexetais envasados.
  • Ginabelle
  • Pazo Valdomiño
  • Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas

A feira do viño do Rosal, que está xa consolidada, recibe anualmente milleiros de visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica. O orzamento previsto para este ano ronda os 40.000 euros.

A feira contará con tres grupos para a ambientación musical, un para cada día, así como dous grupos de música tradicional galega.

  • Venres, a partir das 23:00: Grupo “Pros&Ma”
  • Sábado a partir das 13:30 Música tradicional galega “Grupo de Gaitas Airiño
do Folón”
  • Sábado, a partir das 23.00 Grupo “Terapia de Grupo” (Anexo)
  • Domingo, a partir das 13:30 “Pandereteiras Tremelique”
  • Domingo, a partir das 18:30 horas: Grupo “Tonichi e Pacheco”

As actividades complementarias que se realizarán durante a feira son:


  • Por un lado, repitirase como nas pasadas edicións de inchables, obradoiros de 
maquillaxe para nenos e outras actividades para entreter ós máis pequenos.
  • Contarase coa 5K ou 10K, andaina e carreira de nenos.
  • Exposicións culturais (pintura, escultura, filatélica e numismática) e este ano 
tamén permanecerá aberto o Museo do Cabaqueiro.

Ademais, contarase coas seguintes actividades:

  • Con motivo dun profesional do eido vitivinícola, realizarase unha cata comentada dos viños do Rosal, o venres da feira, ás 13.00 horas. Tódalas persoas interesadas en participar terán que anotarse previamente para poder asistir a esta cata.
  • Por outro lado, contarase novamente coa realización do Showcooking e o obradoiro de cociña para nenos, tendo en conta o éxito que tivo o ano pasado. En ámbolas dúas actividades promocionaranse os produtos de temporada e da zona. A duración de cada actividade será dunha hora e media aproximadamente e os nenos regalaráselle un delantal e un gorro de cociñeiro. Os nenos interesados en participar terán que anotarse previamente.
  • Tamén contarase este ano cun Obradoiro de tellas na que poderán participar tanto nenos como adultos co obxectivo de por en valor unha tradición con moito arraigo no Concello do Rosal.

Servizo de autobúses:

  • Un ano máis, contarase co servizo de transporte entre O Rosal e Tui, ademais do da Guarda que xa se viña realizando dende hai anos. O prezo oscilará entre 1€ e 2€ dependendo do traxecto.

Programa:

Venres, 12 de xull:

  • Ás 13.30 horas, Cata comentada de viños do Rosal (previa inscrición)
  • Ás 20.00 horas, Inauguración
  • Ás 20.10 horas, Pregón
  • Ás 20.20 horas, Presentación Confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal, nombramento cofrades e entrega de insignias.
  • Ás 20.30 horas, Visita ós expositores, exposicións e degustación de viños do Rosal
  • Ás 23.00 horas, Actuación musical a cargo de “Pros&Ma”
02:00 Peche da Feira

Sábado, 13 de xullo:

  • Ás 11:00 horas, Carreira de nenos (previa inscrición)
  • Ás 12:00 horas, Obradoiro de cociña para nenos de 5 a 12 anos (previa inscrición)
  • Ás 13:30 horas, Grupo de música tradicional galega “Grupo de Gaitas Airiños do Folón”
  • Ás 19.30 horas, Obradoiro de elaboración artesanal de tellas (previa inscrición)
  • Ás 20:30 horas, Showcooking diante do concello.
  • Ás 23.00 horas, Actuación musical a cargo do grupo “Terapia de Grupo”
02:00 Peche da Feira

Domingo, 14 de xullo

  • Ás 10:00 horas, Andaina 10k (previa inscrición)
  • Ás 11:00 horas, Carreira 10K (previa inscrición)
  • Ás 13:30 horas, Actuación das “Pandereteiras Tremelique”.
  • Ás 18:30 horas, Actuación musical a cargo do grupo “Tonichi e Pacheco”
  • Ás 24:00 horas, Clausura da Feira

Exposicións

  • 
Exposicións do 12 ao 28 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo.

Horario: De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas.
 Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 13:00 horas e de 20:00 a 22:00 horas.