ALFREDO

O Concello do Rosal solicita 10 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o ano 2020 ao abeiro da liña 3 destinada ao emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Todas as contratacións serán a xornada completa e terán unha duración que oscilará entre os seis e os nove meses, dependendo do posto ocupado.

Así, contrataranse a tres persoas para o posto de oficial albanel, unha persoa para o de oficial electricista, outras catro persoas que se dedicarán ao recollido de lixo e limpeza viaria, unha persoa para condutor/a-operario/a de maquinaria forestal con motor en xeral e outra persoa para a ocupación de auxiliar domiciliario.

As persoas aspirantes a calquera destes postos deben estar empadroadas no Rosal e estar inscritos como demandantes de emprego non ocupados e dispoñibles na Oficina de Emprego de Tui, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.