CEDIDA

Dende o Colectivo “PAC´S en Pé de Guerra de Vigo”, aseguran que a Xerencia de Xestión Integrada de Vigo (EOXI) ten establecido para os domingos e festivos, que no Punto de Atención Continuada (PAC) de A Guarda o servizo estea dotado durante o día de 2 profesionais de medicina. Sen embargo, dicen, «o 18 de abril (Xoves Santo) unha soa médica prestará asistencia as 24 horas do día, xa que a que tiña prestar servizo de 10:00 a 22:00 será substituída por persoal de enfermería».

«A decisión dos responsables da EOXI-Vigo senta deste xeito un perigoso precedente«, explican, «posto que con esta iniciativa pretendese trasladar a responsabilidade ao colectivo de enfermeira, que quedará como única profesional sanitaria e sen persoal médico no caso de que houbese que sair do PAC para atender unha emerxencia sanitaria fora co centro».

«Deste xeito, si se volvese repetir unha situación como a do PAC de A Estrada na que en ausencia do único médico do servizo de urxencias un paciente requira asistencia médica urxente, sería o persoal de enfermería o que tería que prestar soporte vital sen máis persoal sanitario no centro. Podendo repetirse un novo caso de falecemento dun paciente por non contar co persoal médico establecido«, declaran.

Para este colectivo, o Sergas incumpre con esta medida os servizos mínimos do 100% que esixe ao seu persoal sanitario «alegando que son imprescindibles na súa totalidade e impedindo así o dereito a participación na folga, pero é despois a propia administración sanitaria a que non chega a cubrir a totalidade do seu persoal«.

O PAC de A Guarda atende os domingos e festivos, sen ter en conta o turismo, a unha poboación de máis de 20.000 habitantes dos concellos de A Guarda, Oia e O Rosal. Atópase a 45 minutos do seu hospital de referencia na cidade de Vigo e conta cunha soa ambulancia do 061 para prestar atención as urxencias sanitarias que se produzan.

CEDIDA