Sonos de Gaia

A praza do Seixo de Tomiño acolle este sábado ás 22:30 horas o concerto de “Sonus de Gaia”.

O acto é para todolos públicos e é de balde.

“Sonus de Gaia” provén da combinación de dúas palabras: “sonus”, de orixe latina, que significa son, e “gaia” que ten dous significados, “Nai Terra” e “Seediq”, que na lingua aborixe taiwanesa significa “Tradición Ancestral”. A combinación destas dúas palabras dá como resultado “O Son da Terra”.

“Sonus de Gaia” ten como obxectivo unha viaxe universal, apoiándose na música como vía de comunicación. Para isto, utiliza a fusión de diferentes tradicións musicais como é o caso da música taiwanesa, celta galaica ou latina. Preténdese así demostrar que se poden combinar diferentes culturas nun só proxecto cun son fresco, auténtico e innovador.