O tomiñés, Sergio Lorenzo Ares, recibe o galardón do Certamen Viaxando

O pasado venres, 19 de outubro, o Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a Concelleira de Xuventude, Nuria Lameiro Valverde, fixeron a entrega do premio, un curso personalizado de fotografía, o décimo segundo gañador do Certame Viaxando, Sergio Lorenzo Ares, coa súa foto “Comeza a viaxe”.

Tamén se inaugurou a exposición coas fotos dos participantes neste ano 2018. A exposición estará aberta o público e pódese visitar na Casa do Concello de Gondomar do 19 de outubro ata o 9 de novembro. Despois a exposición rotará por todas as OMIX,s de Tomiño, O Rosal, Salceda de Caselas, A Guarda, Baiona, O Porriño e o Espazo Xove de Tui.