O guitarrista e productor musical tudense, Fran Gómez, e a artista emerxente tomiñesa, Lara Villaverde, únense para poñer música á figura Florencio Delgado Gurriarán (Letras Galegas 2022).
Esta homenaxe a Delgado Gurriarán foi rodada por Beabesada Estudios na espectacular e histórica Biblioteca do Seminario Menor de Tui.
O poema elixido leva por título “Un Guerrilleiro”, extraído do “Cancioneiro da loita galega” de 1943.