Pablo Mirás recibindo o galardón

“O can enxesado”, do tudense Pablo Mirás Sánchez, estudante de sexto de primaria curso no CEIP de Rebordáns de Tui, logrou o 3º Premio Infantil do II Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal.

Xunto o tudense, tamen foron premiados, Jessica Rodríguez, veciña de Visantoña (Mesía), con «A fiestra” que ademáis é a gañadora do primeiro premio na modalidade de adultos. O segundo premio de adultos foi para a veciña de San Sadurniño, Ángela Arnosa, con “A primeira palabra”, e o tercer premio recaiu no vigués Eduardo Cameselle, co relato «Black Friday».

En canto os galardóns xuvenís, Óscar Fernández, da Coruña, foi o gañador do primeiro premio con “Cacería Nocturna”. O Segundo galardón recaiu no relato “Un día máis”, da santiaguesa Martina Lois, e o terceiro na coruñesa Cristina Fojo, con “O amigo mar”.

No apartado infantil, a santiaguesa Claudia Martínez alcanzou o primeiro premio con “O Valor dos nomes”. O sugundo posto logrouno Alba Díaz, de Narón, con relato “A Fada Every”.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o presidente de PuntoGal, Manuel González, agradeceron a súa participación e a de todas as persoas que concursaron nun certame que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

Microrelato de Pablo Mirás Sánchez:

Telma vivía co seu fillo Roque e o seu can, chamado Can,nunha casa pequeniña de madeira. Non dispoñían de todoo que lles apetecía, pois non tiñan os cartos suficientes.Comían case todos os días o mesmo, sopa de tomatee unha pequena ración de arroz.Un día dando un paseo co can cruzaron a rúa polo pasode peóns, pero de súpeto un camioneiro non freou e… Atropelou a Can! Roque correu ata el e botouse a chorar bloqueando o camiño. Achegáronse á beirarrúa e viron como quedara o corpo do can, desfeito! Tiña moitos ósos da columna vertebral rotos.Foron á présa ao veterinario e díxolles que tiñan que sacrificalo porque as vértebras non ían soldar ben. Seguiron procurando axuda pero todos dicían o mesmo ata que chegaron á quinta tentativa, sempre co mesmo prognóstico. Aí foi cando a paciencia de Telma se acabou e díxolle ao matasáns que lle puxeseunha escaiola ao seu can, ante o abraio do doutor.Cando pasaron tres meses Roque foi bañar o can para quitarllea escaiola e de súpeto o can moveu o rabo.

Pablo Mirás Sánchez (Tui, 2007) mostra creatividade desde moi pequeno escribindo relatos e pezas para piano. Como intérprete gañou premios en Portugal e Lituania. Xoga ao baloncestoe chámanlle as ciencias.