O Turonia GFG é un clube de fútbol gaélico galego, e este é un deporte amador. Ningún xogador, nen técnico, nen directivo cobra por adicarse a isto. Mesmo na Irlanda, onde o fútbol gaélico é o deporte rei, e mobiliza grandes masas de xente, non se cuestiona o seu caracter amador. Alí a GAA (Gaelic Athletic Association) vela para que esta condición de deporte afeccionado se manteña. 

«Dende o clube Turonia GFG pensamos que isto ten unha valiosa virtude: garantir que o tráfico de xogadores dun equipo para outro, en función da capacidade económica de cada clube, non exista. A competición conserva así un caracter muito mais auténtico, o que fai que os xogadores sintan con sinceridade as súas cores. Do mesmo xeito, para as afeccións ir alentar ao equipo da casa convértese nunha verdadeira devoción, un sentimento compartido por familias enteiras, unha paixón transmitida de xeración en xeración; entendida como unha parte mais de amor pola Terra«, sinalan dende o clube gondomareño.

Non é muito, mais, o Turonia GFG leva case dous anos a competir na Liga Galega de Fútbol Gaélico. É así que chegados a punto temos que dicir, poñendo xa os pés na terra, que competir nunha liga federada implica tamén afrontar certos gastos. Algúns son en parte sufragados por cada un dos xogadores e xogadoras; eles, son por así dicilo os primeiros patrocinadores do clube. Con todo, isto non abonda, son muitos os gastos que se derivan da competición: fichas, seguros, equipacións, arbitraxes, desprazamentos… «É por todo isto que necesitamos e temos a sorte de contar coa axuda inestimable da administración e do comercio local. Sen os xogadores a as xogadoras o clube sería imposible, sen os nosos patrocinadores este proxecto sería inviable», indican.

Velaí que esta unión de forzas permitiu que o Turonia GFG tamén puidese estrear nova equipación esta tempada. «Levarémola con orgullo por Galicia adiante co nome de Gondomar e do Val Miñor, xunto coa publicidade das institucións e principais empresas colaboradoras que decidiron apoiar de xeito altruísta ao fútbol gaélico gondomareño, miñorán e, a fin de contas, galego. Desde o Turonia GFG non podemos mais que agradecer con profunda sinceridade todo este apoio, que nos enche de enerxía e nos axuda para desenvolver este proxecto con máis posibilidades e confianza. Desta maneira, grazas! Muitas grazas ao/á»:

  1. Concello de Gondomar. Concellaria de Deportes.
  2. Centro Cultural Deportivo Chaín. Gondomar.
  3. Deputación de Pontevedra.
  4. Talleres Serviancar. Gondomar.
  5. Bambú Herboristería. Gondomar.
  6. Artio Atlantic Isotonic. Vilagarcía de Arousa.
  7. Acolá. Froitos do Monte. Couso, Gondomar.
  8. Rañolas. Arte, Café e Cervexas. Gondomar
  9. As Novas Torres. Tapería Café. Gondomar.
  10. La Vitrola Restaurante. Gondomar.
  11. Roymara Cerámicas. Estudio de Cociña e Baño. Gondomar.
  12. Muiños+Carballo Arquitectos. Gondomar.
  13. Jose Manuel Costas. Axente de Seguros Allianz. Gondomar.
  14. Carpintería Vidoga. Gondomar.
  15. Ollomol Audiovisual. Gondomar.
  16. Agua Sana. Agua Mineral Natural. Baiona.
  17. Fisioterapia Val Miñor. Baiona.
  18. Urzáiz Centro Fisioterapia. Vigo.
  19. Farmacia Abizanda. Gondomar.
  20. Libraria Plaza. Gondomar.
  21. Libraria Libraida. Gondomar.
  22. A Casa da Henriqueta Restaurante. Porto. Oia.
  23. Bocatería Lalo’s. Panxón. Nigrán.

Toda a Directiva, xogador@s e soci@s do Turonia GFG agradecen este apoio e agardan que esta relación se manteña por muito tempo. Este é un proxecto deportivo, novo, plural e aberto para tod@s cant@s queiran sumarse e botar unha man.