O auditorio municipal de Nigrán acollerá do 23 o 25 de febreiro a exposición «Arte por Palestina”, unha mostra que conta ca participación de máis de 40 artistas plásticos e colaboración de preto doutros tantos artistas, músicos e poetas, algunhas e algúns afeccionados, outras profesionais e mesmo artistas de recoñecido renome como R. Úbeda, J.M. Barreiro, Caino, M. Lence, X. Costa, P. del Palacio, Y. Herranz, J. Pastor, A. Cerviño, E. Gómez-Dahlgren e moitos outros.

A exposición e venda de obra doada durará todo o fin de semana e estará amenizada por un evento musical cada día, cunha interesante mestura de músicas diversas e poesía.

O acto inaugural do venres as 20:00 horas contará coa actuación da Orquestra de Cordas do Torreiro de Priegue, o dúo Acevedos Delgados de música de fusión e o rock dos Three Roosters, ademais da lectura de poemas.

No evento musical do sábado estará o dúo Vaghetti-Montero de microrrelato e guitarra, a lectura de Betheléem, Premio Nacional de Poesía de Nadal e a actuación dos profesores de canto e piano, Pilar e Arabel Moráguez.

O domingo, en función de vermut, será a quenda da Zumba, cunha máster class de zumber@s solidari@s.

Os fondos recadados serán destinados a paliar as necesidades das nais e nenos de Gaza a través da UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina en Oriente Próximo), e por tanto gozan de desgravación fiscal de entre 40% e o 80% do donativo.

Horarios de apertura:

  • Venres, 23 febreiro: De 20:00 a 22:00 horas.
  • Sábado, 24 febreiro: De 11:00 a 14:00 horas, e 17:00 a 21:00 horas. Velada musical: De 19:00 a 20:00 hora.
  • Domingo, 25 febreiro: De 11:00 a 14:00 horas, de 16:00 a 18:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas. Máster Class de zumba solidaria: De 12:00 a 13:00 horas (donativo 5€)