O investigador, historiador e arqueólogo Xoán Martínez Tamuxe

O Instituto de Estudios Tudenses presenta este venres 24 de febreiro un novo número de “Castellum Tyde. Revista do Instituto de Estudios Tudenses” que alcanza xa a súa oitava entrega, promovendo a investigación, o coñecemento e a divulgación da historia e o amplo legado patrimonial que atesoura esta cidade de Tui e os territorios historicamente vinculados a súa antiga diocese e provincia.

Esta nova entrega de “Castellum Tyde” está dedicada a Xoán Martínez “Tamuxe” (O Rosal, 1930), fundador deste Instituto no ano 1991 e presidente do mesmo entre os anos 2007 e 2017. Un esbozo biográfico e da súa bibliografía (tanto de libros como artigos en revistas e prensa) a cargo do seu fillo, Xoán Martínez Barbosa, nos aproxima a unha figura excepcional para a historia e o patrimonio do territorio tudense. A súa traxectoria e o papel do “Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño”, que el fundou xunto a Aquilino G. Santiso e Jesús Gómez Sobrino será analizado nunha mesa redonda a celebrar este venres ás 19,30 horas no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica). Esta mesa redonda contará coa presenza do propio Xoán Martínez “Tamuxe” acompañado por Juan Ramón Martínez Barbosa, Ernesto Iglesias Almeida e Juan José Perles Fontao e estará presidido pola Vice-presidente do Instituto de Estudios Tudenses, Marta Cendón González, e o Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

O Instituto de Estudios Tudenses expresa os eu agradecemento  moi especialmente ao Concello de Tui, na figura do seu alcalde Enrique Cabaleiro González, por asumir o patrocinio deste oitavo número da nosa revista, testemuñando a súa aposta pola historia e o patrimonio desta bimilenaria cidade de Tui.

Sumario de “Castellum Tyde: revista do Instituto de Estudios Tudenses” nº 8 (2022):

1.- Martínez Barbosa, Juan Ramón: Xoán Martínez “Tamuxe”

2.- Hidalgo, José Manuel: Castros visitables de O Baixo Miño-O Condado- Paradanta (Galicia) y O Alto y Baixo Minho (Portugal). Aportaciones sobre su estudio y musealización (I).

3.- Clube Espeleolóxico Mauxo: No Castelo da Furna. Espeleologia granítica em Boivão, Valença.

4.- Porto Ucha, Anxo Serafín, e Vázquez Ramil, Raquel: Imagen de mujer medieval del siglo X. Doña Aragonta, fundadora del Monasterio de Santa María de Saliceta

5.- Iglesias Almeida, Ernesto: La pintura tudense en los siglos XVI y XVII

6._ Bouzón Gallego, Avelino: Pleito por la Obra Pía de la capilla de Santo Tomás de Auino en Alxán (Soutomaior).

7.- Martinez Tamuxe, Xoán: Un curioso documento sen data nin sinatura

8.- Serra, Narciso: Feira dos Santos de Cerdal. A “feira dos Galegos”, que é de Portugal e de todos os que lá vão

9.- González Fernández, Juan Miguel: O balneario de augas medicinais de Caldelas de Tui no século XIX.

10.- Soto Mata, Iago: Os primeiros anos da telefonía en Tui.

11.- Bugarín, Rosendo: Análisis crítico de la tesis doctoral, sobre Francisco Sánchez “el escéptico”, de Darío Álvarez Blázquez

12.- González Piñeiro, Luis Manuel: Santa María de Luneda. Evolución arquitectónica de una iglesia sanjuanista (II)

13.- Vega, Santi: Avance del Plan Museológico. TUDE Museo Catedralicio Diocesano