Este sábado, 17 de agosto, ás 20.30 horas españolas, celebrarase no novo pavillón deportivo municipal de Tui, o VII Torneo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán.
No mesmo vanse enfrontar o Acanor Atlético Novás, de división de prata nacional, e o ABC Braga, da primeira nacional portuguesa.
Previo a este encontro, ás 18:00 horas, o equipo sénior do Club Balonmán Tui xogará contra o equipo B do Acanor Atlético Novás.
Por outra parte, o equipo portugués Alto da Maia – Águas Santas, militante tamén na primeira división portuguesa de balonmán, concentrarase en Tui este venres e sábado, con motivo da disputa dun partido amigable en Cangas, polo que adestrará dúas xornadas no novo pavillón deportivo de Tui xunto ao Club Balonmán Tui.