Jesse Van Ruller

A segunda edición de Vive Nigrán, o “Picnic Pop Festival”, dará comezo a partir de mañá no entorno máxico de Praia América (Nigrán). A organización pretende facer deste evento un punto de encontro único entre as persoas asistentes, os profesionais do sector e público familiar que poderá gozar dunha programación musical que quedará artellada do seguinte xeito:

Venres 20:

Actuarán Depedro, Nathy Peluso, Maryland, Mujeres, Calavento, Mireia Vilar, Odd Cherry Pie, Esteban & Manuel e Abraham Boba DJ set (León Benavente); e o sábado 21 os asistentes poderán gozar do Concerto Mahou Cinco Estrellas de Sidonie, The Limboos, Mueveloreina, Bigott, Las Odio, Alondra Bentley, Calavera, Inerttes, Indian Hawk, Sidonie DJ set, Esteban & Manuel DJ set e Picnic Pop DJ.

Integrante dos Fest Galicia da Xunta de Galicia e incluído no circuito Rías Baixas Fests, Vive Nigrán será a última das paradas que forman parte deste roteiro estival da Deputación de Pontevedra.

Actividades paralelas e entradas

O festival continuará apostando por fusionar a música con experiencias ao aire libre. Ademais da vintena de propostas musicais do seu cartel, as persoas asistentes terán á súa disposición dende xogos e talleres, ata unha gran oferta gastronómica a cargo de foodtrucks e un mercadiño. A edición deste ano contará tamén cun Espazo Mahou deseñado específicamente para Vive Nigrán. Será un punto de encontro no que se poderá gozar de distintas sesións de DJ ao longo da fin de semana e ao que Mahou levará a Abraham Boba DJ Set (León Benavente) para a noite do venres e a Sidonie DJ Set para amenizar a sesión do sábado ao mediodía. As actividades para crianzas veranse notablemente reforzadas e tamén se lles inculcará aos máis pequenos e pequenas da casa o hábito de reciclar a través de actividades lúdicas e dinámicas levadas a cabo por Ecovidrio.

Aínda que a organización dará a coñecer as súas actividades paralelas completas nas próximas semanas, Juan Rivas -codirector do evento- adiantou que nesta edición celebrará o Foro Profesional Estudios Mans que levará o nome “Claves, oportunidades e innovación na cultura e industria musical” e no que participarán Gema Sánchez (coordinadora do programa Artistas en Ruta da AIE), Víctor Lenore (xornalista e crítico musical), Jaime García Cantero (El País Retina) e Rafa López (xornalista cultural).

Esta non é a unica colaboración que o festival emprende nesta edición: a os vigueses Inerttes tocarán no festival tras gañar o concurso de SonidosMans; e os emerxentes Indian Hawk, Mireia Vilar e Odd Cherry Pie farano a través do programa da Deputación de Valencia “Sona la Dipu”.

As persoas interesadas en adquirir as súas entradas para asistir a Vive Nigrán xa poden facelo a través da propia web do festival, Vive Nigrán, na que se poden adquirir os abonos de dous días por 30 € ou as entradas para asistir soamente un día a un prezo de 16 €. As entradas no despacho de billetes do festival terán un prezo de 22 € a entrada de día e 38 € o abono dos dous días.

HORARIOS PARA MAÑÁ, VENRES 20
17.00 h · MIREIA VILAR · ESCENARIO TURISMO RÍAS BAIXAS
18.10 h · ODD CHERRY PIE · ESCENARIO TURISMO RÍAS BAIXAS
19.00 h · MARYLAND · ESCENARIO MAHOU
20.00 h · ABRAHAM BOBA DJ SET (León Benavente) · ESPACIO MAHOU
21.00 h · DEPEDRO · ESCENARIO MAHOU
22.30 h · ABRAHAM BOBA DJ SET (León Benavente) · ESPACIO MAHOU
23.15 h · CALA VENTO · ESCENARIO MAHOU
00.15 h · MUJERES · ESCENARIO MAHOU
01.20 h · NATHY PELUSO · ESCENARIO MAHOU
02.30 h · ESTEBAN & MANUEL · ESCENARIO MAHOU