A Casa dos Alonsos da Guarda acolle este sábado, ás 12:00 horas, un obradoiro/demostración do oficio das redeiras que se inclúe como actividade complementaria á Exposición Así Somos, que se atopa neste espazo dende o pasado 20 de xullo.
Esta actividade, de carácter aberta e para todos os públicos, contará coa colaboración da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, onde amosarán as súas experiencias neste sector, tan importante para A Guarda e para o mundo do mar.
No obradoiro explicarán aos presentes como é o seu traballo, que utensilios empregan e cales son os diferentes tipos de redes que se poden facer, segundo o arte de pesca, sen dúbida unha xornada especial para achegarse a este fantástico mundo do mar.