samain
ARCHIVO

O vindeiro mércores, o Departamento de Cultura do Concello da Guarda, co apoio da Deputación de Pontevedra, organiza unha xornada de Samaín na Praza do Reló do municipio.

Na programación de actividades para este día contarase cun «Obradoiro de Figuras Terroríficas» enfocado a nenos, que terá lugar na Praza do Reló en horario de 17:00 a 19:00 horas, aberto a todo o público e de balde.

Para rematar esta xornada de Samaín, a partires das 19:00 horas, realizarase un espectáculo de maxia a cargo de Maxia Xabi, onde os máis pequenos poderán gozar cos trucos deste gran mago.