contenedores
ALFREDO

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 2 millóns de euros para que trece concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia.

En concreto, benefícianse destes recursos Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova de Arousa.

Así, no marco da liña 1 de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 209.504€ para o Concello de Oia para adquirir un vehículo para a recollida de residuos.

No caso da liña 2, de gasto corrente, a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 74.176 € para o Concello da A Guarda dos cales 22.466€ serán para a Festa da langosta e da cociña mariñeira, para a programación escénica no Centro Cultural destinaranse 9.396 €, o festival Mar de Blues 17.993 €, o ciclo de concertos Tocamúsica 12.295 €, o Color Rain Festival 6.997 € e para a intervención artística mural coa xuventude 4.998 €.