Oia celebrará o Samaín o próximo xoves 31 de outubro, cunha festa e variadas actividades pensadas para os máis pequenos. Esta programación desenvolverase no Centro Cultural de Mougás a partir das 18:00 horas.

Ao longo da tarde haberá actividades como pintacaras, xogos, música e unha merendola; ademais de algunha que outra sorpresa que divertirá aos nenos participantes.

A festa infantil de Samaín ten entrada gratuíta e está organizada polo Concello de Oia coa colaboración da Asociación Veciñal e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mougás.