ALFREDO

Nun comunicado de prensa, os Bombeiros Forestais do SPIF fan un chamamento ao conxunto dos traballadores do SPIF, as organizacións sindicais e organizacións profesionais, a facer unha fronte común «para este crucial momento, e puntual si se quere e animando a todos sen exclusións a continuar e intensificar mobilizacións na formas que compre máis axeitada pero de forma urxente».

Afirman que levan un verán infernal que aínda non rematou e no que aínda onte, «varios compañeiros sufriron graves accidentes laborais derivado da nosa actividade contra o lume coma o atrapamento no incendio de Barreiros na Mariña lucense, e o accidente dun motombista en Muíños no Xurés, que se suman ao atrapamento de varios no lume de Oímbra».

Indican que non se pode seguir «a xogar coa sorte, e baixo todo o isto atópase a doenza da precariedade laboral no sector. E compre lembrar un longo etcétera que sufrimos e pasamos a relatar»:

  • As deficiencias aparecidas nos deseños dos EPIs: chaqueta, pantalóns e camiseta non válidos para soportar temperaturas A máscara incompatible co uso do casco cando debes facer uso de ambos. Debemos esixir a máis rápida renovación do mesmo e unha maior dilixencia nestas contratacións.
  • A non cobertura das prazas previstas en tempo, senón por riba en plena vaga incendiaria, armouse un patético espectáculo político entre administracións de distinto signo.
  • O lanzamento do último proceso selectivo en plena vaga Pensamos que compre a apertura puntual dunha extraordinaria mesa de negociación entre as OOSS e a administración para revisar e corrixir cousas coma considerar o tempo de inactividade e buscar a fórmula de valorar máis o tempo no SPIF.
  • Sobre o anterior conviría ao mellor dilatar no tempo lanzar este Resolver os anteriores e aprender dos erros para non volver repetir en futuros.
  • Motobombas avariadas ou sen persoal.
  • Enlazando con todo o anterior, a sobreactuación de sobrevalorar o papel da UME en detrimento do resto do servizos público de Bombeiros Forestais en particular o SPIF.
  • Non se abre nin se destaca nos informativos da TVG a relevancia que debían ter os traballadores da Xunta, o SPIF.
  • A discriminación xerada desde a administración no mesmo SPIF entre funcionarios e laborais. Coma o tope de 10 horas para os funcionarios nos incendios, salvo en situación 2 e a non compensación dos domingos e festivos aos laborais. Mesmo traballo mesmas condicións.
  • Empezar a reclamar seriamente unha mellora salarial digna aos O exemplo da suba dun 30 % a Tragsa en Madrid apunta ben coma modelo a considerar ou a estimación dos coeficientes redutores e a segunda actividade.
  • Artellar a fórmula para integrar as brigadas municipais no SPIF. Mesmo traballo, insistimos, igualdade de condicións.
  • Esixir a Xunta de Galicia que inste dunha vez por todas ao partido político que o sostén no poder executivo (Partido Popular) a expulsión fulminante da formación da secretaría local do Barco de Valdeorras. As infames declaracións verquidas aos traballadores máis precarios do seu Servizo de extinción é un insulto frontal a toda unha institución como a consellerías do Medio Rural e o Non facelo e denigrar a máxima institución galega (á Xunta de Galicia no seu conxunto e a quen di representar: a cidadanía galega) pouco menos que acusandoa de encubridora de delincuentes.

Tras a importante mobilización do domingo en Compostela, os/as traballadores alí presentes afiliados ou non as diversas OOSS ou profesionais «deron un bo exemplo de optimismo, integridade e enteireza nunha participación combativa, sen siglas nin distintivos algún».

«Co denominador común de demandar o merecido respecto, a igualdade laboral e prestixiar a nosa condición de Bombeiro Forestal. As tradicionais diferencias tácticas ou certos comportamentos “sectarios” perceptibles onte foron marxinados nun cortexo onde destacou a denuncia e a reinvindicación. Ese entendemos é o camiño correcto a seguir. Chamamos a considerar todo o anterior coma unha reflexión de punto de partida pero sen dilacións. Existen ameazas veladas de querer facer políticas regresivas que viren en todo o avanzado e compre tomar boa nota. Ser intelixentes e audaces e estar a altura dos tempos para poder blindar resumidamente as condicións de todos os traballadores/as do Servizo», rematan.