Este venres, 22 de Outubro, as 20:00 horas, o Centro Neural de Gondomar, acollerá o faladoiro do IEM: “O prezo do barato. Consumo responsable”.

Albino Prada Blanco falará sobre o avance do hipercapitalismo dixital no relativo aos hábitos de consumo (online) e as formas de traballo dependente (teletraballo).

Avaliando brevemente as súas consecuencias no emprego e na distribución, na calidade dos servizos, no financiamento do sector público, na autonomía e na soberanía social e política dos países.

Despois dunha breve exposición de propostas sobre o particular, abrirase un coloquio.

Presenta Pedro Telmo Rodríguez (k12 Comunicación).