Os Praceiros do Mercado da Guarda continúan a súa formación

O pasado mércores día 10 de outubro o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, asistiron ao inicio do obradoiro para traballo en equipo «Separados menos, xuntos máis», adicado aos praceiros do Mercado municipal.

Este obradoiro de formación realízase nas instalacións de unha tenda de informática, promovido e financiado polo Concello da Guarda para a profesionalización e dinamización do mercado da Praza da Praza de Abastos, contando coa asistencia da práctica maioría dos praceiros.

Este obradoiro sumase ás diferentes accións formativas que se realizan semanalmente coma os obradoiros de redes sociais, decoración, técnicas de venda, marketing, entre outros.

Os praceiros xa teñen participado no obradoiro de «Decoración de Outono», impartido por Patricia Maquieira Franco, onde aprenderon técnicas para a decoración da praza e os seus postos de traballo, empregando a temática de outono, que xa se pode observar no mercado municipal, do mesmo xeito participarán noutro obradoiro para a decoración de cara a vindeira campaña de Nadal.